viernes, 26 de diciembre de 2008

Esperando o meu regalo de Reis


Como agora xa son maior e os Reis pasan de largo, un mesmo ten que agasallarse. O bo que ten é que sempre acerta!!!

Estou á espera do meu regaliño...

jueves, 11 de diciembre de 2008

Que ganas de coller a bici...


Saimos non moi cedo, non tiñamos por que madrugar. Esperábannos as aciñeiras, as brancas flores, os regatos, o sol, o ceo azul, un alemán que saiu antes que nós e que previmos alcanzar ao pouco tempo porque el ía andando, ...Extremadura na súa plenitude! Un día excepcional pedaleando cara Santiago, nesta Vía da Prata tan descoñecida como fermosa!


Os quilómetros levábanse moi ben, incluso demasiado ben, cando nos precipitamos por un descenso de case catro quilómetros a cerca de 50 por hora!! Mais logo tivemos que subilos, e os 10 kilos das alforxas como pesan costa arriba, porque pasamos por alto unha desviación...


E a parada para comer, im-pre-sio-nan-te. Un idílico lugar no medio da nada, onde nada escoitabas sen ser o amencer da Primavera, onde nada vías que non fose a natureza do lugar agromando por todas as esquinas, ...


O día foi de enmarcar e incluso nos colleu o sol un pouquiño!!


Que ganas teño de coller a bici!!! Temos pendentes uns quilómetros para completar a ruta prevista, Mérida-Santiago, interruptus en Puebla de Sanabria.

viernes, 28 de noviembre de 2008

Masa Crítica e Mobilidade Sostible

Hoxe é o último venres de mes, hoxe é día de Masa Crítica en Ponteareas. Todos os últimos venres de cada mes desde hai máis dun ano, un grupo de biciusuarios xuntámonos na Praza da Igrexa ás 21h para dar un paseo colectivo por Ponteareas.

E vós que queredes? Típica pregunta. Pois a nós e a moitos outros gustaríanos ter a posibilidade de non usar o coche se non queremos e, utópico, a min gustaríame que algún día non o tivese que utilizar. É algo no que me fixo moito cando estou fóra da terriña. As posibilidades de mobilidade que teñen noutros lugares a través desa palabriña que enchen a boca de moitos políticos, a intermodalidade, é dicir, complementar os diferentes medios de comunicación para chegar da túa casa ao traballo ou a onde queiras ir. Porque a bici, o bus e o tren son elementos que todos xuntos, nunha sinerxia perfecta, axudarían moito a reducir algúns dos problemas que temos na nosa sociedade.

E sería tan difícil facer algo? Non. O Condado está atravesado pola liña ferroviaria Vigo-Ourense, polo que a súa posta en valor non sería moi problemática. E introducir un pouco de sentido común nas liñas de autobuses na Comarca creo que tampouco sería tan difícil, por? Pois porque non sería difícil fomentar o uso do transporte colectivo aumentando as frecuencias e racionalizando os horarios das rutas para poder chegar ao traballo e volver a casa. E que haxa algunha liña de autobuses que pase polos polígonos industriais de Porriño!! E que non te miren mal por meter a bici no bus!!!

En fin, unha mobilidade sostible é posible, pero como sempre, os nosos gobernantes carecen de vontade algunha para dar un paso adiante ou, é máis, cando se poñen a facer algo presentan Plans irracionais como o Vigo Íntegra ou o Plan Director de Estradas de Galiza, ...en fin. Ou cando falan de crear un billete único na Comarca deixan fóra a Ponteareas, pero si entra no proxecto Porriño, que recibe xa os autobuses con xente de todos os Concellos anteriores, ...

Unha mobilidade sostible é posible. Adiante todas as Masas Críticas!!

lunes, 17 de noviembre de 2008

San Martiño's Day

Día da morte do porco, día da carreira popular de Ourense, día do magosto, do viño novo e dos chourizos, ...
Pero onte o que pasou foi que nos xuntamos unha chea de tolos na Cidade das Burgas para dar un paseo colectivo. Algúns levaban moita presa e chegaron nun instante e outros, digamos, desfrutamos un pouco máis da posibilidade de gozar dunha cidade con rúas para a xente, sen coches, ruído, ...
Sabedes como son 10000 pés golpeando o asfalto no casco vello dunha cidade?? É realmente fascinante.
En fin, deixemos tantas emocións e concluamos. 16 de Novembro, San Martiño 08, ambientazo e: Posto 1341 Tempo 46:38 Ritmo 4:39
Unha boa mañá nunha boa compaña, con xente con marcas por debaixo dos 40 minutos!!

viernes, 14 de noviembre de 2008

Debruzarse, correr, descansar?

Ás portas do fin de semana, hai que ir cerrando a axenda socio-lúdico-festiva. E neste calendario xa hai dúas cuestións máis que pechadas:

a) Debrúzate aos Muíños de Couso: Galiza Nova, MZS e Adenco comezaron fai tempo un programa de roteiros guiados por Ponteareas nos que se intenta conxugar o valor do noso patrimonio material, medioambiental e ecolóxico. Esta nova tempada comeza cun roteiro polos muíños de Couso, en Guláns, un lugar de beleza singular no que acaban de ser recuperados varios muíños, unha construcción que aproveitaba (e podería aínda aproveitar) de xeito sostible un recurso escaso. En Couso ás 16h.
Máis info en www.debruzate.blogspot.com

b) 32 Carreira Popular de San Martiño, Ourense: domingo, 11h, 7500 persoas, 10 graos, 10 quilómetros, moitas ganas e a pasalo ben! E se baixo dos 48 minutos doume cun canto nos dentes, porque me estou a escaquear de moitos adestramentos. Aquí o enlace co blog dun corredor de fondo www.fonghi.blogspot.com

En fin, a descansar!

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Comezamos

Foi un día como este. Bueno, si, fai 28 anos. Todo comezou entón. Ou uns meses antes. E como pasa o tempo. Nós, os da xeración dos 80, sen dúbida, unha das mellores dos últimos anos estamos agora chegando á trintena, pero aínda nos queda moita guerra que dar. E aquí comezamos unha nova aventura, coas novas tecnoloxías de por medio, que sempre, disque, facilitan as cousas.
Pero como o día aínda non o declararon festivo en ningún lado (pena de non coincidir co San Martiño-11 de Novembro que si que é) toca traballar, que é unha sorte (ter traballo e, sobre todo, estar moi a gusto nel).
28 anos, buf!!