viernes, 26 de diciembre de 2008

Esperando o meu regalo de Reis


Como agora xa son maior e os Reis pasan de largo, un mesmo ten que agasallarse. O bo que ten é que sempre acerta!!!

Estou á espera do meu regaliño...

jueves, 11 de diciembre de 2008

Que ganas de coller a bici...


Saimos non moi cedo, non tiñamos por que madrugar. Esperábannos as aciñeiras, as brancas flores, os regatos, o sol, o ceo azul, un alemán que saiu antes que nós e que previmos alcanzar ao pouco tempo porque el ía andando, ...Extremadura na súa plenitude! Un día excepcional pedaleando cara Santiago, nesta Vía da Prata tan descoñecida como fermosa!


Os quilómetros levábanse moi ben, incluso demasiado ben, cando nos precipitamos por un descenso de case catro quilómetros a cerca de 50 por hora!! Mais logo tivemos que subilos, e os 10 kilos das alforxas como pesan costa arriba, porque pasamos por alto unha desviación...


E a parada para comer, im-pre-sio-nan-te. Un idílico lugar no medio da nada, onde nada escoitabas sen ser o amencer da Primavera, onde nada vías que non fose a natureza do lugar agromando por todas as esquinas, ...


O día foi de enmarcar e incluso nos colleu o sol un pouquiño!!


Que ganas teño de coller a bici!!! Temos pendentes uns quilómetros para completar a ruta prevista, Mérida-Santiago, interruptus en Puebla de Sanabria.