miércoles, 20 de enero de 2010

Blog cerrado

Pois iso, os 28 anos xa pasaron, polo que este blog pechou. Pasade por case30anos.blogspot.com.

Chao 28 anos!!

martes, 10 de noviembre de 2009

Case 30

Pois, a verdade, non lle din moito uso a este blog...pero agora haberá que continuar e como o blog de 29anos está pillado, terei que coller outro...en fin, vou pensando nos 29 (ou nos trinta!!!)...

jueves, 17 de septiembre de 2009

Volvo...prometo quedar


...pasou moito tempo desde a última entrada neste blog...cada vez queda menos para cumprir 29!!

...mais agora prometo volver...e quedar! Convertir o blog nun espazo no que dar conta de pensamentos positivos, de libros que ler, viños que beber, lugares nos que comer, sitios aos que necesariamente hai que ir...

...en fin, pouco a pouco, pero sen pausa, comecemos...e se tes necesidade de utilizalo, aí deixo un teléfono que pode ser do teu interese...

lunes, 26 de enero de 2009

1h44'07''


Ese é o tempo oficial...o oficioso dábame un pouco menos, pero toda unha alegría...aguantar 21 quilómetros e pico correndo por Viana do Castelo e arredores.


A crónica podería ser a seguinte:


02:00h da madrugada do domingo 25 de Xaneiro de 2009: vou á cama, despois de vir de cea da Cidade das Burgas,...xa sei que é un pouco tarde e seguramente o menú degustado non foi a máis conveniente para pouco despois pórse a correr, pero...xente nova...


08:00h: O despertador alármame!


Entre ás 08:05 e ás 08:45h como algo, preparo a mochila, vístome, lavo os dentes e todas esas cousas. Non esquecín nada importante!!


Como tiña que ir ao caixeiro, chego tarde ao punto de encontro, entre unha tormentan con ruído e aparato eléctrico, xunto cunha granizada terrible!! Pero aínda así o resto de tolos-taninos non recúan na intención de acercarse á Meia Maratona...imos ver


Polo camiño cabeceo un pouco escoitando a Coldplay...


Na saída, aparcados, como tantos outros galegos, no aparcamento soterrado da estación, preparámonos, despois da meia de leite e a bolería portuguesa (ummmmm) para saír a disputar a carreira. Parece que non vai chover!!!


Na saída, os taninos do equipo A buscaban unha boa posición. Eu conformábame con acabar dignamente e pensaba en 5' por quilómetro, que fixen acompañado de Rafa, que nos acompañou na viaxe. Xose, lesionado aínda, facía de fotógrafo, asistente e conselleiro...grazas!


Fixemos, baixo o pensado, os 10 km en menos de 50', sobre 48 largos, para afrontar a parte final...o vento era o enemigo, porque non choveu!!

Fíxose algo dura, cun final con adoquinado fastidiado e un subidón de cen metros matador, pero chegamos decentemente...


A organización xenial, cunha bolsa de recordos moi boa!

Mágoa 1: Algo de comer durante a carreira, só había auga!

Mágos 2: Por que non se poñen contedores de lixo despois dos puntos de auga? Ou se indica que só se pode tirar a botella nos 200 metros seguintes?? A min non me gustaba a paisaxe post-abastecemento...


E logo a desfrutar nunha boa compaña!! A dos Tanino's runners!!! Que conquistaron Viana cuns tempazos!!!!

miércoles, 21 de enero de 2009

Un pouco de autobombo: un artigo que nunca pasa de moda


Baixo o lema CO2 Deixa o hábito!. Cara a unha economía baixa en carbono, celébrase este xoves 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente. Desta volta as institucións piden á cidadanía chegada esta data, unha reflexión sobre a necesidade de reducir as emisión de CO2 a través dunha maior eficiencia enerxética, así como o necesario cambio cara a formas limpas e renovables de xeración de electricidade e sistemas de transporte. Precisamente sobre a necesaria implicación da cidadanía en xeral e da comunidade universitaria en particular na consecución dun cambio de pensamento global, reflexiona neste artigo de opinión o presidente do grupo ecoloxísta Adenco, Anxo Saborido. Con 17 anos de vida a Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, traballa na defensa, conservación e divulgación da natureza a través da promoción de prácticas como a reciclaxe ou o desenvolvemento sostible.


Camiñando cara Ecotopía


Ecotopía é unha fantasía, unha ilusión creada por Ernest Callenbach xa fai uns cantos anos, nas páxinas dun libro de moi recomendable lectura. Pero Ecotopía pode ser algo máis. Pode ser a forza que nos mova a conseguir un mundo mellor, outro mundo que a este ritmo de crecemento e destrucción desgraciadamente pronto necesitaremos. E para conseguir ese mundo, todos, cada un de nós, na nosa vida privada e nos nosos ámbitos de actuación, temos moito que facer, porque seguro que podemos facer moito máis do que pensamos.


E un dos motores principais para cambiar o mundo no que vivimos, tomando como eixo principal aquel principio do movemento ecoloxista do pensamento global e da acción local, ten que ser necesariamente a Universidade e, concretamente no noso ámbito de acción máis próximo, a Universidade de Vigo. A nosa Universidade, a da maioría dos galegos do Sur, dos que pasamos por ela e dos que non, ten que erixirse en motor impulsor dun cambio de pensamento global de cada un de nós para co Medio. Dende as aulas, dende todas, dende as que poden ter un marcado contacto co Medio, como as bioloxías, ciencias do mar, as enxeñarías de minas ou forestais, ao resto de aulas, tan aparentemente, só aparentemente, distantes, como as aulas de dereito, maxisterio, as enxeñarías restantes todas, empresariais, turismo, … Dende cada recuncho dos nosos tres campus cada estudante novo e non tan novo debería, case, esixir medidas reais e palpables, véndose cada órgano de dirección e xestión, en certa medida, presionado, gratamente presionado, para impulsar medidas que nos axuden a vivir cada vez nun mundo mellor, propondo alternativas que logo se poidan exportar ao exterior.


A Universidade pode ser capaz de crear unha cidade case autónoma nos tres campus, pode crear a súa Ecotopía particular, pero debe ir máis alá e exportar o seu coñecemento, exportar o seu impulso ao exterior, tal vez gran materia pendente da educación superior, que parece vivir na súa torre de marfil, sen decatarse do mundo no que vive, no mundo real, mundo ao que debe baixar, acercarse de xeito definitivo propiciando ese cambio de mentalidade. Camiñando cara Ecotopía