viernes, 2 de enero de 2009

Feliz ano e benvidos Ranchos de Reis!!!


Benvido 2009, benvidos a todos e todas!! Xa queda menos para que este blog desapareza, alá polo 12 de Novembro, mais agora é tempo de desfrutar dos Manueles, dos cantos desta época de dos Reis.


Este ano vou de Rei, de Rei no Rancho, unha tradición fabulosa do Sur de Pontevedra, que intentaremos recuperar. Se sai ben, ben e se sae regular, moito mellor.


Bailaremos ás saídas das misas de Lourido e Fornelos, en Salvaterra de Miño, o domingo 4 de Xaneiro. Logo, pola tarde, recorremos os barrios, de festa e troula, que é do que se trata.


En fin, pasalo ben que é o importante, que son dous días!!


E aí vai unha preciosa foto duns músicos en Mondariz, fai uns aniños. E, por certo, o domingo 11, a partir das 16h, no Pavillón de Deportes de Mondariz, hai un encontro de Ranchos, con Guláns, Fozara, Cortellas, Salceda, Riofrío, ... FEEEEEEEEEEESSSSSSSSTAAAAAAAAAAAA!!!

No hay comentarios: